08/03/24

8M: RECURSOS PARA AS AULAS

  

   Hoxe non facemos máis que poñerlle nome ao que celebramos todos os días do ano: o Día da Muller Traballadora. No seguinte enlace podedes atopar múltiples recursos para seguir camiñando sempre na dirección da igualdade, do progreso e do respecto: 

RECURSOS RELACIONADOS CO 8M


27/02/24

NOVA DATA DE COMEZO PARA O CONCURSO QUEN É ESA MULLER

 

          Debido a unha saída que afecta a parte do alumnado de ESO  o concurso Quen é esa muller comezará mañá xoves, 29 de febreiro  e rematará o vindeiro luns, 4 de marzo. 

23/02/24

NOVA EDICIÓN DO CONCURSO QUEN É ESA MULLER?



         Un ano máis celebraremos o 8 de marzo cunha nova edición do concurso Quen é esa muller?  O noso obxectivo é, neste caso, divulgar o indiscutible papel das mulleres na historia e na cultura de todos os tempos e facer conocedor ao noso alumnado de que a realidade sería moi distinta - e máis pobre - sen as súas aportancións. 



21/02/24

CUESTIÓNS PARA O MÉRCORES, 21 DE FEBREIRO

 

  1. Segundo a lenda clásica, cal  é a orixe do fenómeno acústico coñecido como eco?            


  1. En que guerra lendaria loitou o fillo de Tetis e Peleo, cal era o seu nome e en que bando loitou? 

  1. a) Que cargo político tivo o marido de María Miramontes?

        b) Que sorte correu despois de ser detido polas forzas franquistas?

  1. Precisa a quen conta a súa historia Melibea antes de quitarse a vida.



20/02/24

CUESTIÓNS PARA O MARTES, 20 DE FEBREIRO

 

     1. Que é un orfeón? Concreta que personaxe lle dá nome e cal é a relación entre ambos.

    2. Que proba, proposta por Penélope, deben superar os seus pretendentes para poder casar con ela? Quen consegue superala?

    3. Que parentesco, ademais do matrimonio, unía a Juanito Santa Cruz e a Jacinta? A continuación, precisa a que grupo social pertence el e cal é a súa ocupación laboral.

    4. Indica o título e o autor do libro máis lido e traducido da historia da literatura galega. 
    Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
    Deseño logo: shouvas